Que é o Magosto? hoxe os neos de 5º de infantil no programa Nós contamos descubrennos que é para eles o magosto, que saberán desta festa tan popular en Galiza?
Hoxe no programa A voz do Alborada os nenos e nenas de 6ºA explícannos que o longo do mes de decembro no colexio vanse a celebrar un par de concursos, de que se tratará?
No programa de A voz de Alborada, desta volta os nenos e nenas de 3º falan do mural do mes de novembro que adorna a entrada do colexio. Está feito polos nenos e nenas de 6º de educación infantil.
No programa de A voz de Alborada, os nenos e nenas de 3º cóntannos de que trata o mural que fixeron na entrada do colexio os nenos e nenas de 5º de educación infantil.
O 25 de Novembro é o día mundial contra a violencia machista, e nós no Alborada tamén nos sumamos ao grito de Non a violencia!! Os nenos e nenas de 4º cóntannos neste podcast como rexeitamos de cheo todo tipo de violencia.
Hoxe tivemos unha visita moi especial, Pablo aproveitando que no seu novo cole non tiña clase, volveu ao Alborada a facernos unha visita!. E como non, en Radio Sito non iamos desaproveitar a oportunidade de facerlle unha entrevista. Botaranos de menos?
A nosa mestre de música acaba de voltar despois dun mes en Canada, a onde viaxou a gracias ao programa Piale. Foi aprender maís cousas daquel país e do seu sistema educativo. A ver que lle conta aos nenos e neas de 6ºC que lles fixeron esta entrevista.
Os nenos e nenas de 6ºB tráennos hoxe unha entrevista moi especial. Aproveitando que no colexio estamos a celebrar o Samaín, van entrevistar nada máis e nada menos que a mismisa Santa Compaña, QUE MEDO!!!!